A primeira empresa independente

Tecnoloxía propia

Todas as nosas solucións son exclusivas e baséanse na nosa propia tecnoloxía. Desenvolvémolas pensando nas necesidades das persoas que nos confiades o voso proxecto: a nosa plataforma administrativa, as ferramentas de xestión de servizos, a nosa estrutura de virtualización e cloud...

Debémonos unicamente a ti

Desde o principio sempre tivemos claro que queriamos manter unha relación de proximidade e honestidade contigo. Como conseguilo? Pois, desde logo, ofrecéndoche o nivel de servizo que nos gustaría recibir coma clientes. Un servizo de calidade, avanzado e cunha atención dedicada a ti. Queres comprobalo?

Cando che compensa ter un servizo de pagamento?

O noso servizo gratuíto está deseñado para cubrir perfectamente as necesidades da maioría das persoas que aínda non teñen páxina web. Se queres contar co teu propio nome de dominio ou ves que a túa páxina necesita máis capacidade ou características máis avanzadas non o dubides, chámanos e axudámoste a atopar a solución máis axeitada para ti. O noso catálogo está pensado para adaptarse ao que precises en cada momento.

Soporte Técnico de calidade

Sempre que o necesites, tes ao teu dispor un equipo de profesionais coa preparación e experiencia axeitadas para darche un soporte de calidade. Podes pedirnos axuda a calquera hora do día, todos os días do ano, para botarche unha man configurando o teu hosting, para tomar decisións técnicas, etc.

E por suposto, sen pagar nada

Cando contratas un servizo administrado en dinahosting inclúe o soporte e non tes que pagar nada para poder usalo, nin sequera se nos chamas por teléfono. Ti simplemente elixe o medio que che resulte máis cómodo e terás a resposta dunha persoa como ti, sen robots ou servizos de resposta automatizada.

Servizos que che ofrecemos

Temos solucións para asegurar a túa presenza en Internet. Desde a máis sinxela á máis potente.

Rexistro de dominios

O teu nome na rede

Hosting e aloxamento web

Os packs máis usados

VPS/Servidores Virtuais

Gaña autonomía

Servidores Dedicados

Unha máquina só para ti

Cloud Hosting

Flexibilidade e potencia

Housing

O teu servidor no noso CPD

Especial Resellers

Gaña diñeiro con DH

¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web. Así podemos mejorar tu experiencia de navegación y uso, además de poder mostrarte contenido publicitario de tu interés. Al continuar navegando entendemos que aceptas